Rodrigo Díaz de Vivar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig ints
Liña 22:
 
== Traxectoria ==
Creese que naceu en [[Vivar del Cid|Vivar]], localidade situada preto da cidade de [[Burgos]] no seo da nobreza e educouse na corte real castelá; foi [[alférez]] de [[Sancho II de Castela]] na guerra contra o seu irmán [[García de Galicia]], e converteuse nun importante xeneral que loitou contra os [[musulmán]]s.
 
Entre os anos [[1081]] e [[1087]] El Cid, desterrado por [[Afonso VI de Castela]], serviu como mercenario do emir [[Mutamin de Zaragoza]], mentres que de [[1089]] a [[1092]] fixo prisioneiro a [[Ramón Berenguer II]], conde de Barcelona, cercando a cidade de [[Valencia]], a cal gobernou dende [[1094]] ata a data da súa morte en [[1099]].
 
=== Literatura ===
[[Ficheiro:Page of Lay of the Cid.jpg|miniatura|Reprodución dunha páxina do manuscrito ''Cantar de Mío Cid'' conservado na [[Biblioteca Nacional de España]].]]
 
''[[Historia Roderici]]'' (c. [[1110]], en [[latín]]) é a primeira crónica que se conserva sobre Rodrigo Díaz de Vivar. As crónicas árabes de [[Ibn Alcama]] (1116) e [[Ibn Bassam]] (1109) tamén recollen informacións sobre El Cid, pero nun ton claramente contrario á súa persoa.