Batalla de Cambedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
+ dato
Liña 1:
A '''Batallabatalla de Cambedo''' é o nome con que se designafoi un encontro bélico mantido o [[19 de decembro]] de [[1946]], nas inmediacións de [[Cambedo]] ([[Portugal]]), entre guerrilleiros antifranquistas españois, por unha banda, e por outra forzas da [[Garda Civil]] española e máis elementos portugueses da [[Garda Nacional Republicana]], [[Garda Fiscal]], do [[Exército portugues|exército]] e da [[PIDE]].
 
A denominación de batalla é un tanto pretenciosa, mais acostuma empregarse na historiografía especializada, ben que ás veces vai entrecomiñada para mitigala.
Liña 12:
==Os feitos==
Envoltos pola amalgama de tropas luso-españolas, o grupo guerrilleiro trabou combate, desigual e desesperado. De resultas caeron mortos varios guerrilleiros (''Bernardino García'', ''Juan Salgado Riveiro'') e outros foron apresados (''Demetrio García Álvarez'', ''Manuel Bárcea'').
 
==Represión posterior==
En días sucesivos, foron detidas sesenta e cinco persoas en distintas localidades, tanto portugueses como españois, entre os cales dezoito veciños do mesmo Cambedo.
 
==Consecuencias==
En días sucesivos estendeuse a represión e foron detidas sesenta e cinco persoas en distintas localidades, tanto portugueses como españois, entre elas dezoito veciños do mesmo Cambedo. A raíz do sucedido, a guerrilla do Noroeste tivo que abandonar as bases que creara no Norte portugués, o que a illaba aínda máis, dificultando moitísimo os contactos co estranxeiro, aínda que os mesmos continuaron en anos sucesivos, tanto pola vía portuguesa como pola francesa.
 
==Repercusión==
A batalla aparece citada no poema de [[Xosé Luís Méndez Ferrín]] "O Cambedo", pertencente ao libro ''[[Estirpe]]'' (1994).
 
==Véxase tamén==