Homero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado máis da es.wiki e da fr.wiki
Liña 41:
Porén, tamén se conserva o siguiente [[epigrama]], atribuído ó poeta helenístico [[Alceo de Mesene]], no que Homero protesta sobre a súa orixe [[Salamina, Chipre|salaminia]], e nega que se erixise unha estatua súa nesta cidade e que o seu pai fose un tal Demágoras:
{{cita|Nin aínda que o martelo xurdir coma Homero de ouro me fixese entre raios flameantes de Zeus, son nin serei salaminio nin o fillo de Meles o será de Demágoras; así a Hélade o vexa! Con outro poeta probade; e os meus versos vós os Helenos, Musas e Quíos, cantádeos.<ref>Alceo de Mesene, ''Epigrama 555'', recollido en [[Antoloxía Palatina]]</ref>}}
 
Sobre o lugar onde morreu, existe unha tradición testemuñada dende o século -V de que se produciu na illa de [[Ios]].
 
Pausanias recolle esta tradición e fala sobre unha estatua de Homero que viu e un oráculo que leu no Templo de Apolo en [[Delfos]]:
{{cita|Podes ver tamén [na [[pronaos]] do Templo de Apolo de Delfos] unha estatua de bronce de Homero sobre unha estela e nela lerás o oráculo que din que tivo Homero:
:Ditoso e infortunado, pois naciches para cambiar cousas,<br />
:Buscas unha patria. Tes unha terra natal, pero non unha patria.<br />
:A illa de [[Ios]] é a patria da túa nai, que cando morras te recibirá. Pero vixía o enigma: dos novos rapaces.|Pausanias, ''[[op. cit.]]''. x. 24.}}
 
Ademais sinala que:
 
{{cita|Os de Ios ensinan tamén un sepulcro de Homero na illa e noutro lugar un de [[Clímene]], e din que Clímene era a nai de Homero.<ref>É presumible que debandita estatua é a que reproduciu no relevo da Apoteose de Homero, obra do escultor Arquelao de Priene. [[Cf.]]Hitzig-Blümner, III.2, pág. 749.</ref>}}
 
E por último, o xeógrafo [[Lidia|lidio]] revela que no lle agrada escribir sobre a época na que viviron Homero e [[Hesíodo]]:
{{cita|Sobre a época de Hesíodo e de Homero indaguei coidadosamente e non me é agradable escribir sobre ela, porque coñeco o afán de censura doutros, sobre todo dos que no meu tempo se ocupan sobre a composición de poemas épicos.|Pausanias, ''op. cit.'' ix.30.3.}}
 
Malia que xa na época da [[Grecia Clásica]] non se coñecía nada concreto e certo sobre Homero, a partir do [[período helenístico]] comezaron a xurdir unha serie de biografías que recollían tradicións moi diversas e a miúdo datos de contido fabuloso. Nestes relatos mencionábase que antes de chamarse Homero chamárase Meles, Melesíxenes, Altes ou Meón, así como datos moi diversos e con numerosas variantes sobre os seus antergos.
 
Existe unha tradición na que se di que a [[Pitia]] deu unha resposta ó [[emperador romano|emperador]] [[Adriano]] sobre a procedencia de Homero e os seus antergos:
 
{{cita|Pregúntasme pola ascendencia e a terra patria dunha inmortal serea. Pola súa residencia é [[Ítaca|itacense]]; [[Telémaco]] é o seu pai e a [[Néstor (mitoloxía)|nestórea]] [[Epicasta]] a súa nai, a que alumbrou con moito ó varón máis sabio dos mortais.<ref>''Certame de Homero e Hesíodo'', 37, segundo a tradución de Aurelio Pérez Jiménez e Alfonso Martínez Díez. Madrid: Gredos, 2000. ISBN 84-249-2462-2.</ref>}}
 
=== Investigación moderna ===