Thom Yorke: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 18:
}}
 
'''Thomas Edward Yorke''', nado en [[Wellingborough]] ([[Northamptonshire]]) o [[7 de outubro]] de [[1968]], é un músico inglés coñecido por ser o vocalista e principal compositor das bandas de [[rock alternativo]] [[Radiohead]] e [[Atoms for Peace]], aclamado polo seu ton vocal e o seu uso do [[falsetto]]. Como multi instrumentalista, el toca principalmente a guitarra e o piano, aínda que tamén ten tocado o [[sintetizador]], o [[baixo]] e a [[batería]], así como outros instrumentos, facendo tamén uso de máquinas electrónicas como os [[samplers]] e as [[caixas de ritmos]]. Nos anos 90', Thom Yorke era coñecido por ser un músico da variante rock, pero dende o ano 2000, coa publicación do álbum [[Kid A]], mostrou a expansión da súa músca rock engadindo sons electrónicos. A demáis de ser o membro principal de Radiohead, editou dous álbums en solitario: [[The Eraser]] (2006) e [[Tomorrow's Modern Boxes]] (2014). Fóra da música, Yorke é un activista político en prol dos dereitos humanos, dos movementos ecoloxistas e as causas anti-guerra.
 
Yorke ten sido citado como unha das figuras máis influentes da industria musical. No ano [[2002]] a revista ''Q Magazine'' nomeouno o músico británico máis intenso, e no [[2005]], [[Radiohead]] quedou no posto 73 da lista da ''[[Rolling Stone]]'' dos 100 mellores artistas de todos os tempos. Yorke tamén foi citado entre os mellores vocalistas da historia da música popular. Nunha enquisa do ano [[2005]], feita pola revista ''Blender'', e a canle MTV2, Yorke foi votado o 18º mellor cantante de todos os tempos, e no [[2008]] foi posto no número 66 da lista da ''[[Rolling Stone]]'' dos 100 mellores vocalistas de todos os tempos.