Ferenc Puskás: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Arabia Saudí por Arabia Saudita, forma recollida pola RAG
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 128:
Tras cumprirse o prazo da sanción quixo fichar por algún club italiano, máis a súa idade (31 anos) e o seu peso fixeron que non recibira oferta algunha dos clubs máis importantes do ''Calcio''.<ref name="IFHOF"/>. De calquera xeito, sorprendentemente o [[Real Madrid]] interesouse por contratalo e aquí, en [[1958]], comeza a segunda etapa da súa carreira futbolística.
 
Na súa primeira tempada de branco, a 1958/59, Puskás anotou catro [[tripletes]], o primeiro deles xa no seu segundo encontro, o [[21 de setembro]] de [[1958]] contra o [[Sporting de Gijón]]. En xaneiro el e mais [[Alfredo Di Stéfano]] conseguen un triplete por cabeza nun encontro contra a [[UD Las Palmas]]. Outras das súas actuacións memorables foron contra o [[Elche CF]], facéndolle catro goles na 60/61 e cinco na 61/62. En [[1963]] faille dous tripletes ó [[FC Barcelona]], un no [[Estadio Santiago BernabeuBernabéu]] e outro no [[Nou Camp Nou]].
 
En total, nas oito tempadas nas que ficou no Madrid, xogou 180 encontros de liga, anotando 156 goles. Nas súas seis primeiras tempadas rematou a liga cun mínimo de 20 goles e gañou o [[Trofeo Pichichi]] en catro ocasións: 1960, 1961, 1963 e 1964, con 26,27,26, e 20 goles respectivamente. Estes tantos axudaron á escuadra merengue a gaña-la liga cinco veces consecutivas entre os anos 1961 e 1965, así coma unha [[Copa do Rei de Fútbol|copa do xeneralísimo]] en 1962. Puskás anotou os dous goles do seu equipo na final contra o [[Sevilla FC]].