Leonhard Euler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
troco a modelo científico
m (Script) File renamed: File:Euler-USSR-1957-stamp.jpgFile:1957 CPA 2000.jpg 6) and streamlining of stamps on the page "Category:Stamps of the Soviet Union, 1957" and search of duplicates of stamps
Liña 37:
Por esta época dous dos fillos de Johann Bernoulli, [[Daniel Bernoulli|Daniel]] e [[Nicolaus II Bernoulli|Nicolaus]], traballan en [[San Petersburgo]] na recentemente creada [[Academia Rusa das Ciencias]]. En xullo de 1726, Nicolaus morre de [[apendicite]] tras un ano en Rusia, e cando Daniel asume a praza do seu irmán na sección de matemáticas/física, recomenda que o seu amigo Euler ocupe o posto en fisioloxía que el deixara libre. En novembro de 1726 Euler aceptou ilusionado a oferta, mais aprazou a súa viaxe a San Petersburgo. Entrementres optou sen fortuna a unha praza de profesor de física na Universidade de Basilea.<ref name="stpetersburg">Calinger, 1996, p. 125.</ref>
 
[[Ficheiro:Euler-USSR-1957-stamp CPA 2000.jpg|miniatura|300px|Selo [[soviético]] do ano 1957 que conmemora os 250 anos do nacemento de Euler. Di o texto: 250 anos dende o nacemento do gran matemático e académico, Leonhard Euler.]]
Euler chegou á entón [[San Petersburgo|capital rusa]] o [[17 de maio]] de [[1727]]. Promovérono dende a súa praza novel no departamento de medicina da academia a un posto no departamento de matemáticas. Hospedouse con Daniel Bernoulli con quen a miúdo traballou en estreita colaboración. Euler pronto dominou o [[lingua rusa|ruso]] e afíxose á vida en San Petersburgo. Tamén aceptou un traballo adicional como médico na [[Armada rusa]].<ref name="medic">Calinger, 1996, p. 127.</ref>