Diferenzas entre revisións de «Hugonotes»

m
O avance das novas crenzas callou entre burgueses e algúns nobres e as consecuencias non tardaron en chegar. O ''asunto dos cartaces'' (''affaire des placards'') aldraxando a [[eucaristía]] católica e que chegou á propia cámara real acabou coa protección do católico Francisco I en [[1534]]. Este considerou a acción como un delito de lesa maxestade. As represións por parte da monarquía foron moi duras e se prolongaron no tempo con incidentes que derivaron en sanguentos episodios. Salientou a [[matanza do día de San Bartolomeu]] que se espallou por [[París]], [[Tolosa, Francia|Tolosa]], [[Orleans]], [[Rouen]], [[Bourges]].
 
O célebre hugonote Henrique de Navarra, pasaríase ao catolicismo para acceder a coroa como [[Henrique IV de Francia]]. Este rei conseguiría acougar os ánimos mediante o [[Edicto de Nantes]] que garantía a liberdade relixiosa. Os hugonotes dominaron cidades e importantes prazas fortes, chegando a constituír un estado protestante dentro do Reino que recibía apoio de potencias extranxeirasestranxeiras.
 
O [[Cardeal Richelieu]], combateu o poder político dos hugonotes ripándolles, mediante importantes accións armadas, enclaves como La Rochelle [[1628]]), pero respectou a liberdade de culto. [[Luís XIV de Francia]], revogou o Edicto de Nantes en [[1685]] mediante o [[Edicto de Fontainebleau]] e extremou a represión. A monarquía absoluta os considerou un corpo estraño a extirpar provocando un masivo exilio a Europa Central, as Illas Británicas, África do sur e Norteamérica.
103.667

edicións