Sinalización autócrina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6:
Un exemplo de axente autócrino é a [[citocina]] [[interleucina-1]] nos [[monocito]]s. Cando os monocitos producen interleucina-1 en resposta a estímulos externos, este pode unirse a receptores de superficie da propia célula que o produciu.
 
Outro exemplo ten lugar nos [[linfocito T|linfocitos T]] activados, é dicir, cando unha célula T é inducida a madurar ao unirse a un complexo [[péptido]]:[[MHC]] situado sobre unha [[célula presentadora de antíxenos]] proesionalprofesional e polo sinal coestimulatorio [[B7 (proteína)|B7]]:[[CD28]]. Despois da activación, os receptores de [[interleucina-2|IL-2]] de "baixa afinidade" son substituídos por receptores IL-2 de "alta afinidade" que constan de cadeas α, β, e γ. A célula despois libera IL-2, o cal se une aos seus propios receptores IL-2 novos, o que causa unha autoestimulación e finalmente unha poboación [[monoclonal]] de células T. Estas células T poden seguir realizando funcións efectoras como a activación de [[macrófago]]s, activación das [[célula B|células B]], e a [[citotoxicidade]] mediada por células.
 
==Sinalización autócrina e cancro==