José María Gil Robles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
Fillo de [[Enrique Gil Robles]]. Licenciouse en Dereito na [[Universidade de Salamanca]] con 21 anos. Doutorouse na Universidade Central de Madrid e obtivo a cátedra de Dereito Político da Universidade de La Laguna en 1922. Volveu a Madrid e formou parte da redacción do xornal católico ''[[El Debate]]'', dirixido por [[Ángel Herrera Oria]]. Secretario da [[Confederación Nacional Católico-Agraria]], en [[1922]] integrouse no [[Partido Social Popular]], liderado por [[Ángel Ossorio y Gallardo]]. Na [[ditadura de Primo de Rivera]] colaborou con [[José Calvo Sotelo]] na redacción do Estatuto Municipal.
 
Nas primeiras [[Eleccións xeraisXerais españolas1931 deen 1931España|eleccións]] da [[Segunda República Española|II República]] presentouse nas candidaturas do [[Partido Agrario Español|Bloque Agrario]] e foi elixido deputado por Salamanca. En [[1931]] pasou a militar en [[Acción Nacional]], creada por [[Ángel Herrera Oria]] e rebautizada en [[1932]] como [[Acción Popular (España)|Acción Popular]], cando Gil Robles xa era un dos seus principais dirixentes.
 
A finais de febreiro e principios de marzo de [[1933]] participou na creación da [[Confederación Española de Derechas Autónomas]] (CEDA), ao integrar nela a Acción Popular. O seu novo partido obtivo a vitoria nas [[Eleccións xeraisXerais españolas1933 deen 1933España|eleccións de novembro de 1933]], pero cunha escasa maioría (115 escanos de 450), o cal o imposibilitaba para formar goberno en solitario. Apoiou ao novo gabinete presidido por [[Alejandro Lerroux]] desde ese mesmo mes, así como aos seguintes, encabezados tamén por outras figuras do [[Partido Republicano Radical]] de Lerroux.
 
O [[6 de maio]] de [[1935]] foi nomeado [[Ministerio de Defensa de España|ministro da Guerra]] por Lerroux.
 
Despois da vitoria do [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]] nas [[Eleccións xeraisXerais españolas1936 deen 1936España|eleccións de febreiro de 1936]] converteuse no xefe da oposición parlamentaria. A súa figura viuse cada vez máis eclipsada polos postulados máis radicais de [[José Calvo Sotelo]]. Gil Robles abandonou [[España]] e dirixiuse a [[Francia]]. Expulsado polo goberno de [[Léon Blum]], pasou a [[Portugal]].