Diferenzas entre revisións de «Claude Saumaise»

O seu primeiro mestre foi o seu pai Benigno, maxistrado e sabio distinguido e contou tamén coa amizade de [[Isaac Casaubon]] e Gruter, emprendendo con ánimo resolto o estudo da maior parte das ciencias da súa época ([[medicina]], [[xurisprudencia]], [[teoloxía]], [[historia]]).
 
Claude de Saumaise aprendeu de forma autodidacta as seguintes linguas: [[lingua persa|persa]], [[lingua caldea|caldeo]], [[lingua árabe|árabe]] e o [[lingua copta|copto]] e posteriormente abrazou a [[relixión reformada]], estableceuse en [[Holanda (rexión)|Holanda]] e permaneceu moito tempo en [[Leiden]].
 
Este sabio adquiriu pronto unha reputación universal e os reis disputáronse o honor de telo nas súas cortes:
Deixou 60 [[manuscrito]]s e moitas obras impresas e as súas principais obras son as edicións de [[Lucio Anneo Floro|Floro]] (1609), de L. Ampelius, da [[Historia Augusta]], de [[Tertuliano]], de Palio, de [[Aquiles Tacio]] (1640) e de [[Caio Xulio Solino|Solino]] coas ''Exercitationes plinianae'' (1529).
 
Claudio apartea parte da súa gran reputación, foi extraordinariamente enxalzado durante a súa vida e nunha ausencia un pouco longa da cidade holandesa de [[Leiden]], os seus habitantes escribíronlle unha carta en que lle rogaban que regresase a Leiden, con estas palabras: «Así como o mundo non podería carecer do Sol, a Academia de Leiden non pode pasar sen Saumaise».
 
== Obras ==
52.029

edicións