Xaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
Os musulmáns só poden comer carne que foi abatida en nome de Deus, e que corresponde a requirimentos dietéticos estritos. Tal carne é chamada pura, ou ''[[halal]]''. A lei islámica prohibe aos musulmáns comer carne de porco, macaco, can, gato, calquera carnívoro e outros tipos de animais, toda vez que son ''haram'' (prohibidos). Para que a carne dun animal sexa considerada ''halal'' (legal) ten de proceder dun dos animais ''halal'', ten de ser abatida por un musulmán e o animal non pode ser morto por medios crueis ou prolongados. O animal é morto polo corte da vea [[xugular]], que produce inmediatamente a inconsciencia. Algúns teólogos musulmáns determinaron que o animal non ten de ser morto por un musulmán, senón que pode ser abatido por un xudeu que respecte as regras alimenticias. Desta forma, algúns musulmáns aceptan a carne ''[[kosher]]'' (preparada de acordo coa lei xudaica) como ''halal''.
 
=== O papel da muller no islam ===
O islam non prohibe traballar ás mulleres, mais pon énfase na importancia da muller en ter conta da casa e da familia. En teoría, a lei islámica permite que unha esposa se divorcie ao dicir "eu divórciome" tres veces en público. Na práctica, o divorcio é máis complicado do que iso.
 
Liña 17:
En moitos países musulmáns, as mulleres teñen un estatuto legal inferior ao dos homes. Na [[Arabia Saudita]], por exemplo, non están autorizadas a conducir automóbiles.
 
==== Código de vestimenta ====
O Corán tamén esixe un código de vestimenta aos seus seguidores.
Para as mulleres, o islam recomenda a modestia sen obrigar a cubrir parte ningunha; os homes teñen un código de vestimenta máis relaxado. Os cadrís débense cubrir desde o xeonllo ata a cintura. A lóxica que se deriva destas regras é que os homes e mulleres non deben ser vistos como obxectos sexuais.
Liña 25:
Algunhas mulleres islámicas son vistas como oprimidas polos homes por causa destes códigos de vestimenta. Mais, algunhas mulleres prefiren este código por motivos relixiosos.
 
==== Violencia doméstica ====
Moitos musulmáns argumentan que o [[Corán]] permite ao home bater na muller.
O verso en causa usa un termo ambiguo: ''daraba'' ضرب, que asume o significado "bater" (outros significados da palabra que son coñecidos son "ir aínda que" [http://web.archive.org/20040615121456/www.geocities.com/WestHollywood/Park/6443/Wife/beating1.html].) Yusuf Alí traduce o verso así:
Liña 40:
O Sheikh [[Yusuf al-Qaradawi]], líder do Consello Europeo para Fatwa e Pesquisa, argumenta que bater na muller sen provocar dor é permisíbel: "É permisíbel para el baterlle levemente coas mans, evitando a cara e outras partes sensíbeis. En ningún caso el deberá recorrer a un pau ou calquera outro instrumento que poida causar dor ou danos".
 
O Dr. Muhammad Al-Haxx, profesor de fe islámica na Universidade da [[Xordania]] ([[AmmanAmán]]) afirma: "Malleiras duras son aquelas que deixan marcas no corpo ou na face. Deste modo, bater na face está prohibido, porque a face é unha combinación dos aspectos da beleza, como é costume dicir. Está prohibido bater na face, está prohibido administrar golpes que deixen fracturas ou feridas, isto é o que os nosos sabios dixeron nos seus libros."
 
En moitos países musulmáns hai matanzas relativamente frecuentes por motivos de honra. A razón apuntada para as matanzas por motivos de honra é a crenza de que a muller teña causado ao clan ou á familia unha suposta "perda de honra" e por iso a muller "merece" ser morta.