Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
A partir de [[1957]] comeza a internacionalización do seu capital. Primeiro chega a un acordo coa empresa [[Reino Unido|británica]] David Brown para montar unha sociedade, participada maioritariamente por el e dedicada á construción de [[engrenaxe]]s. En [[1960]] dedícase á fabricación de tractores coa [[Alemaña|alemá]] Hanomag, tamén maioritariamente controlada por Barreiros, e despois expándese cara á construción de pequenos camións, motores para turismos ou máquinas de transporte de mercadorías. En [[1962]] asociouse coa empresa [[Estados Unidos de América|estadounidense]] [[Chrysler]] e fundou Barreiros Chrysler, o que supuxo a entrada en España desa marca de [[automóbil]]es e un rápido desenvolvemento das vendas dos produtos Barreiros, particularmente das series de automóbiles [[Simca]] e [[Dodge Dart]] e de camións [[Saeta]]. No momento de máximo apoxeo da empresa, en [[1966]], traballaban na factoría que tiña en [[Madrid]] uns 10.000 empregados (25.000 entre todas as empresas do grupo).
 
Tamén inicia proxectos empresariais en [[Guinea Ecuatorial]] de extracción de [[petróleo]]. Logo dun desencontro cos socios estadounidenses, vendeulles as accións á Chrysler en [[1969]], e deixou o mundo da mecánica. Durante os anos setenta dedícase á agricultura en [[La Solana]] ([[CiudadCidade Real]]), e merca e produce [[viño]], e despois tamén á [[mellora xenética]] de gando coa importación de [[semental|sementais]] de [[charolesa (vaca)|charolesa]] a través da empresa PUVASA. Despois proba tamén coa explotación mineira, extraendo [[estaño]] e [[pirita]] en [[provincia de Ourense|Ourense]]. Despois dunha crise a primeiros dos oitenta, regresou ao sector automobilístico ao dedicarse á venda de motores diésel en Cuba a partir de [[1981]], a través dunha firma de capital mixto, ata que faleceu na capital da illa en 1992.
 
==Legado==
67.948

edicións