Magosto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: referencias eliminadas Edición visual
Syum90 (conversa | contribucións)
m Reverted 1 edit by 193.144.97.214 (talk). (TW)
Liña 20:
 
Outros autores tamén reflicten a relación entre os defuntos e este costume de asar castañas. O historiador [[Bernardo Barreiro]] recolle esta descrición das enchentes que se celebraban xa no [[século XVI]] para celebra-lo Día de Defuntos:
{{cita|''Os notables da parroquia, dentro da capela, xantaban e bebían a fartar en altares convertidos en mesas para a ocasión. Os pobres, entrementres, preparaban castañas no adro mentres agardaban a xenerosidade dos principais <ref>"Crónicas da parroquia dos mortos", en ''La Voz de Galicia'', 2.11.2002. Bernardo Barreiro recolle así a testemuña do bispo de Mondoñedo Antonio de Guevara, en 1551.</ref>}}
 
En calquera caso existe coincidencia en considerar os magostos como unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás, terminou sendo [[cristianismo|cristianizada]] asociándoa ós Santos e Defuntos ou a [[Martiño de Tours|San Martiño de Tours]]. Existe constancia dalgunhas prácticas [[superstición|supersticiosas]] relacionadas coa crenza de que o lume ten vida propia e un certo carácter sagrado: nunca se debía cuspir sobre o lume, nin botar nel restos de comida ou calquera outra cousa <ref>Hai quen especifica que non se deben botar sementes ou ovos, porque son símbolo de vida.</ref>. Non se debía matar o lume senón que cumpría deixar que as brasas se apagasen soas, pouco e pouco: críase que as [[ánima]]s viñan quentarse á noite no rescaldo. Outros din que cada castaña comida era unha alma que se sacaba do [[purgatorio]], e para que estas ánimas puidesen comer algo, sempre se deixaba algunha castaña entre as brasas.