Oso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Liña 33:
O osos adáptase a unha gran variedade de ambientes, desde os [[trópico]]s ao [[Ártico]], e da [[selva]] até a [[banquisa]]. Normalmente son animais moi solitarios e non permanecen uns con outros máis que períodos moi curtos. Certas especies, como o oso polar (''[[Ursus maritimus]]'') e o oso pardo (''[[Ursus arctos]]''), poden ser perigosos para os humanos. Defenden, en especial, os seus territorios e tocos.
 
=== Comportamento: ===
Nas rexións temperadas e frías os osos pasan o período invernal nun estado de sono profundo e prolongado, que vén sendo denominado, erradamente, como estadio de [[letargo]], e que é mais apropiado denominar como período de ''repouso invernal'',<ref name=MG>Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), p. 90.</ref> portque, de feito, aínda que o seu organismo non consome alimento nin auga, o certo é que durante este tempo a súa temperatura corpórea non baixa moito, e as súas funcións fisiolóxicas, pese a reducírense, desenvólvense consonte á regra. As femias mesmo corren o risco de parir e ter que aleitar a prole. Mais a causa deste longo estado de torpor, as crías son de dimensións moi reducidas con respecto do tamaño da nai (até un 1/600 menores), aforrando así gastos elevados de enerxía, ora no parto, ora no aleitamento.