Malaquías O'Morgoir: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 15:
'''San Malaquías''' é o nome galego do irlandés '''Malachia O'Morgoir''', nado posiblemente en [[Armagh]] (Irlanda do Norte), cara [[1094]], e falecido na [[Abadía de Clairvaux|Abadía de Claraval]] (Aube, Francia), o [[2 de novembro]] de [[1148]].
 
Membro dunha familia nobre, foi bautizado como ''Maelmhaedhoc'' (máis tarde latinizado como a ''Malachia''); foi abade do mosteiro de [[Bangor]], bispo de [[Connor]] e primado de Irlanda, como arcebispo de Armagh, durante varios anos. Amigo de san [[Bernardo de Claraval]], foi canonizado o [[6 de xullo]] de [[1199]] polo papa [[Inocencio III, papa|Inocencio III]]. A súa festa conmemórase o [[3 de novembro]].
 
Atribúeselle a autoría da [[Profecía de san Malaquías|''Profecía dos papas'']], manuscrito que revela por medio dunha frase latina unha indicación sobre cada papa desde [[Celestino II, papa|Celestino II]], mais este documento é tachado, a miúdo, por moitos estudosos, como un escrito [[Apócrifo (literatura)|apócrifo]] do [[século XVI]].