Desnitrificación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
 
== Principio básico da desnitrificación ==
Existen máis de 50 xéneros de bacterias que poden levar a cabo a desnitrificación.<ref>Delwiche CC. 1982. Denitrification, Nitrification and Atmospheric Nitrous Oxide. edition F, editor. New York, USA: John Wiley & Sons, Inc</ref> A capacidade desnitrificante tamén se encontrou en arqueas e fungos.<ref>Zumft WG. 1997. Cell biology and molecular basis of denitrification. Microbiology and Molecular Biology Reviews 61(4):533-+.</ref><ref>Thorndycroft FH, Butland G, Richardson DJ, Watmough NJ. 2007. A new assay for nitric oxide reductase reveals two conserved glutamate residues form the entrance to a proton-conducting channel in the bacterial enzyme. Biochemical Journal 401:111-119.</ref> Os xéneros de bacterias desnitrificantes máis habituais son: ''Alcaligenes'', ''Paracoccus'', ''Pseudomonas'', ''Thiobacillus'', ''Rhizobium'', ''Thiosphaera'', entre outros. A maioría das bacterias desnitrificantes son [[heterótrodo|heterótrofas]], pero algunhas poden crecer autotroficamente con hidróxeno (H<sub>2</sub>) e dióxido de carbono, con compostos sulfurados reducidos, ou con compostos de arsénico reducidos, entre outros.<ref>Ahn YH. 2006. Sustainable nitrogen elimination biotechnologies: A review. Process Biochemistry 41(8):1709-1721.</ref> Ademais, téñense informes de que a desnitrificación se pode levar a cabo aerobicamente, como, por exemplo, no caso de ''[[Magnetospirillum]]'' ''[[Magnetospirillum magnetotacticum|magnetotacticum]]'', que consome O<sub>2</sub> mentres desnitrifica.<ref>Bazylinski DA, Blakemore RP. 1983. Denitrification and Assimilatory Nitrate Reduction in Aquaspirillum-Magnetotacticum. Applied and Environmental Microbiology 46(5):1118-1124.</ref> A desnitrificación é un proceso que usa o [[nitrato]] como aceptor terminal de [[electrón]]s en condicións [[anoxia|anóxicas]] (ausencia de [[oxíxeno (molecular)|oxíxeno]]) principalmente. O proceso de redución de nitratos ata nitróxeno gas ocorre en etapas seriais, [[catalizador|catalizadas]] por sistemas [[encima|encimáticos]] diferentes, e orixínanse como produtos intermedios [[nitrito]]s, [[óxido nítrico]] e [[óxido nitroso]]:
 
<center>NO<sub>3</sub><sup>-</sup> →