Wicca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Wicca}}
A '''Wicca''' é unha relixión neopagá influenciada por crenzas pre-cristiáns e práticas da Europa ocidental que afirma a existencia do poder sobrenatural, (como a maxia), e os principios físicos e espirituais masculinos e femeninos que se integran coa natureza, e que celebra os ciclos da vida e os festivais estacionais, coñecidos como Sabbats, os cais ocorren, polo normal, oito veces por ano.
 
A Wicca é unha relixión [[Politeísmo|politeista]], de culto basicamente dualista, que cré tradicionalmente na Mai Tripla e no Deus Corníferocon Cornos. Estas dúas deidades vense moitas veces como as caras dunha divinidade panteísta maior, ou que se manifestan como várias divinidades poleteístas. A Wicca envolve a prática ritual da maxia, en parte influenciada pola maxia ceremonial, moitas veces en conxunto cun código moral coñecido como a "Wiccan Rede", ainda que non é unha regra.
 
Existen varias tradicións dentro da Wicca. Algunhas, como a Wicca Gadneriana e a Alexandrina, seguen a linaxe iniciática de Gadner ou Alex Sanders, ambas denomínaselle como Wicca Tradicional Británica, e moitos dos seus practicantes consideran que o termo "wicca" só se lles pode aplicar a eles. Outras, como a Faery Wicca ou as Tradicións diánicas, teñen outras figuras como principais influencias e non se centran tanto na linaxe da tradición. Algunhas destas tradicións neopagás non usan o termo "Wicca" para referirse a eles mesmos, preferindo "Bruxería", mentres que outros cren que todas estas tradicións poden considerarse wiccanas.