Sensor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{En uso}}
Un sensor é un dispositivo capaz de detectar magnitudes físicas ou químicas, chamadas variables de instrumentación, e transformalas en variables eléctricas. As variables de instrumentación poden ser por exemplo: temperatura, intensidade lumínica, distancia, aceleración, inclinación, desprazamento, presión, forza, torsión, humidade, movemento, [[pH]] etc. Unha magnitude eléctrica pode ser unha [[resistencia eléctrica ]](como nunha [[RTD]]), unha [[capacidade eléctrica]] (coma nun [[sensor de humidade]]), unha [[tensión eléctrica]] (coma nun [[termopar]]), unha [[corrente eléctrica]] (como nun [[fototransistor]]), etc.
 
Un sensor diferénzase dun transductor en que o sensor está sempre en contacto coa variable de instrumentación co que pode dicirse tamén que é un dispositivo que aproveita unha das súas propiedades co fin de adaptar o sinal que mide para que o poida interpretar outro dispositivo. Como por exemplo o termómetro de mercurio que aproveita a propiedade que posúe o mercurio de dilatarse ou contraerse pola acción de la temperatura. Un sensor tamén pode dicirse que é un dispositivo que converte unha forma de enerxía noutra.