Diferenzas entre revisións de «Renacemento»

sen resumo de edición
(Retiro {{Ligazón XX|xx}} ou {{Link XX|xx}}. Agora, se un artigo é bo ou destacado nalgunha lingua, indícase en d:Wikidata)
De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da [[Idade Media]], á que califica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da [[Europa do norte]].
 
O Renacemento cultural manifestouse primeiro na rexión italiana da [[Toscana]], tendo como principais centros as cidades de [[Florencia - Firenze|Florencia]] e [[Siena]], de onde se espallou cara o resto de [[Italia]] e despois cara praticamente todos os países da [[Europa occidental]]. Italia permaneceu sempre como o lugar onde o movemento presentou un maior apoxeo, porén manifestacións renacentistas de grande importancia tamén terían lugar en [[Inglaterra]], [[Alemaña]], [[Países Baixos]] e, menos intensamente, en [[Portugal]] e [[España]], e nas súas colonias americanas.
 
Dende unha perspectiva da evolución artística xeral de Europa, o Renacemento significa unha separación da unidade estilística que ata ese momento fora supranacional.
Os supostos históricos que permitiron desenvolver o novo estilo remóntanse ó [[século XIV]] cando, co [[Humanismo]], progresa un ideal individualista da cultura e un profundo interese pola [[literatura clásica]], que acabaría dirixindo, forzosamente, a atención sobre os restos monumentais clásicos.
 
Italia nese momento está integrada por unha serie de estados entre os que destacan [[Venecia]], [[Florencia - Firenze|Florencia]], [[Milán]], o [[Estado Pontificio]] e [[Nápoles]].
 
A presión que se exerce desde o exterior impediu que, como noutras nacións, se desenvolvese a unión dos reinos ou estados; porén, produciuse o fortalecemento da conciencia cultural dos italianos.
68.238

edicións