Matemáticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Sen resumo de edición
Liña 72:
A partir do 3000  a.C., cando [[Babilonia|babilonios]] e exipcios comezaron a usar aritmética e xeometría en construcións, astronomía e algúns cálculos financeiros, a matemática comezou a se tornar un pouco máis sofisticada.
O estudo de estruturas matemáticas iniciouse coa aritmética dos [[números naturais]], seguiu coa extracción de [[Raíz cadrada|raíces cadradas]] e cúbicas, resolución dalgunhas [[ecuación polinómica|ecuacións polinómicas]] de segundo grao, [[trigonometría]] e [[Fracción (matemáticas)|fraccións]], entre outras materias.
[[Ficheiro:Euclid Pisano OPA Florence.jpg|miniatura|Representación de [[Euclides]] en mármore, no ''Museo dell'Opera del Duomo'' de [[Florencia - Firenze|Florencia]].]]
Tales desenvolvementos son atribuídos ás civilizacións [[Acad|acadia]], babilónica, exipcia, chinesa, ou aínda ás do val do [[Indo]]. Arredor de 600  a.C., na [[Grecia clásica|civilización grega]], a matemática, influenciada por traballos anteriores e pola filosofía, tornouse máis abstracta. Distinguíronse dúas ramas: a [[aritmética]] e a [[xeometría]]. Formalizáronse as xeneralizacións, por medio de definicións axiomáticas dos obxectos de estudo, e as demostracións. A obra [[Elementos de Euclides|Os elementos]] de Euclides é un rexistro importante do coñecemento matemático na Grecia do [[Século -III|século III a.C]].