Diferenzas entre revisións de «Amor»

sen resumo de edición
(retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata)
Propiamente dito, e segundo a filosofía de Platón, tal como el se expresa na obra ''[[O banquete]]'', o amor é a motivación, o impulso que leva ao coñecemento da Idea de [[Beleza]], así como á contemplación da mesma. Esta orientación prodúcese nun proceso gradual que comeza coa apreciación da aparencia da beleza nunha persoa (a beleza puramente física), continúa coa beleza física en xeral, e logo avanza cara a apreciación da beleza espiritual (a do carácter, a da alma), a da beleza das leis e os costumes na sociedade, a que se atopa nas artes e nas ciencias, etc. Todos estes pasos deben finalmente superarse ata alcanzar o punto cume do proceso: o coñecemento apaixonado, puro e desinteresado, da esencia da Beleza en si, que se mantén incorruptible e sempre igual a si mesma. O coñecemento da Idea da Beleza é o único que é fermoso en si mesmo e por si mesmo, en cuanto aquilo que é causa de que todo o fermoso sexa fermoso. Nisto consiste a "idealidade" do amor platónico: non en ter un amor inalcanzable, senón en amar as Formas ou Ideas eternas, intelixibles, e perfectas. No hai en absoluto elementos sexuais, sinxelamente porque o auténtico amor para Platón no é o que se dirixe a unha persoa senón o que se orienta cara á esencia transcendente da Beleza en si.
 
O concepto moderno do amor platónico foi desenvolvido nas investigacións que [[Marsilio Ficino]] levou a cabo ao sintetizar o platonismo na época [[Renacemento|Renacentista]], por orden de [[Cósimo de Médici]], gobernante de [[Florencia - Firenze|Florencia]]. «O seu '[[neoplatonismo]]' baseouse en dúas ideas fundamentais: a xerarquía neoplatónica das substancias e a teoría do amor espiritual. A primeira postulaba a idea dunha xerarquía das substancias, ou dunha gran cadea de seres, desde a forma máis baixa da materia física (as plantas), ata o máis puro espírito ([[Demiurgo]], o deus de Platón), na cal os humanos ocupaban unha posición central, ou intermedia. Eran o vínculo entre o mundo material e o mundo espiritual, e o seu supremo deber era ascender cara a unión co Demiurgo, a cal, constituía o verdadeiro fin da existencia humana. A teoría de Ficino respecto ao amor platónico, ou espiritual, afirmaba que, ao igual que a xente está unida na súa común humanidade grazas ao amor, desa mesma forma todas as partes do universo mantéñense unidas polos lazos do amor compasivo»<ref>Spielvogel, 2003.</ref>.
 
== Mitoloxía ==
68.238

edicións