Maine, Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Sen resumo de edición
Liña 61:
 
=== Desde [[1820]] ===
En [[1842]], un tratado entre o Estados Unidos e o Reino Unido delimitou as actuais fronteiras entre a [[NovaNovo Brunswick]] e Maine. En [[1846]], o estado pasou a prohibir a produción e venda de calquera bebida alcohólica, tornándose o primeiro estado americano a aprobar unha lei do xénero. En [[1851]], pasou a efectivamente vixiar esta lei. Esta lei foi removida en [[1934]]. A maior parte da poboación era contra o uso do [[traballo escravo]]. Maine participou ao lado da Unión durante a [[Guerra Civil Americana]], que ocorreu entre [[1861]] e [[1865]]. Máis de 72 mil habitantes participaron activamente como [[soldado]]s.
 
Despois da guerra, Maine industrializouse axiña. Instaláronse no estado fábricas téxtiles, de calzados e de produción de móbeis e papel. Diversas [[represa]]s foron construídas en diversas partes do estado, polo estado ou por compañas privadas. En [[1909]], o goberno de Maine prohibiu a venda de electricidade xerada no estado a outros estados, así como ás provincias canadenses veciñas. Esta prohibición perdurou ata [[1955]]. A [[primeira guerra mundial]] contribuíu á continuación da industrialización do Estado.
Liña 74:
[[Ficheiro:Color corrected chewonki from air Aug 03.jpg|250px|dereita|miniatura|Cerca do 90 % de Maine é cuberto de bosques. A maioría das árbores que compoñen estes bosques son [[piñeiros]], de aí o cognome do estado, ''The Pine Tree State''.]]
 
Maine limitase ao norte coas provincias [[Canadá|canadenses]] de [[Quebec]] e [[NovaNovo Brunswick]], a oeste co [[Quebec]] e o Estado americano de [[Nova Hampshire]], ao sur co [[Océano Atlántico]], e a leste coa [[NovaNovo Brunswick]]. O litoral xunto ao Océano Atlántico posúe 367 km de extensión. Contándose o litoral de baías e de illas, a extensión do litoral é de aproximadamente 5.600 km.
 
Maine posúe máis de 5.000 [[río]]s e máis de 2.500 lagos, incluíndo os creados artificialmente; o maior destes posúe preto de 311 km². Aproximadamente o 90 % está cuberto de fragas. Maine é coñecido como ''The Pine Tree State'' por causa das súas varias fragas con grandes cantidades de [[piñeiro]]s.
Liña 80:
Maine pode ser dividido en 3 distintas rexións:
 
* As ''Chairas Costeiras'' esténdense ao longo do litoral (ben como todo o litoral da Nova Inglaterra e moito do litoral da NovaNovo Brunswick. Caracterizase pola súa baixísima altitude, nunca superior a 50 metros. Ao longo do litoral localízanse preto de 400 pequenas [[illa]]s, todas próximas ao continente. A maior destas posúe uns 250 quilómetros cadrados. A súa espesura varía entre 16 a 65 quilómetros. A maior parte da poboación vive nesta rexión.
 
[[Ficheiro:National-atlas-maine.png|250px|dereita|miniatura|Mapa de Maine.]]
 
* As ''Mesetas Orientais da Nova Inglaterra'' esténdense do sur da NovaNovo Brunswick ata o [[Connecticut]]. En Maine, estas mesetas localízanse inmediatamente ao norte das Chairas Costeiras. Esta rexión posúe de 30 a 85 quilómetros de espesura. Ocupa moito do norte do Estado, sendo a maior das tres rexións de Maine. Caracterizase polo súbito aumento de altitude, en terras próximas ao litoral, a elevacións de preto de 620 metros no interior. Esta rexión está escasamente poboada.
* As ''Montañas Brancas'' ocupan toda a rexión noroeste de Maine, localizándose ao noroeste das Mesetas Orientais da Nova Inglaterra. Esténdense desde a NovaNovo Brunswick ata a [[Nova Hampshire]]. Posúen preto de 50 quilómetros de espesura no sur e apenas 8 quilómetros de espesura no norte. As Montañas Brancas posúen as altitudes máis altas do estado, entre eles, o Monte Katahdin, o pico máis alto de Maine, cos seus 1,606 metros de altitude. É a rexión menos densamente habitada do estado, e está case toda cuberta de forestas.
 
=== Climatoloxía ===