Nova Escocia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "Coat_of_Arms_of_Nova_Scotia.svg" por "Coat_of_arms_of_Nova_Scotia.svg" segundo o ordenou [[commons:User:Marcus Cyron|Marcus...
Sen resumo de edición
Liña 47:
A economía de Nova Escocia ten estado tradicionalmente moi baseada nos seus recursos, pero nas décadas recentes tense diversificado. Industrias como a [[pesca]], a [[mineiría]], a [[silvicultura]] e a [[agricultura]] seguen a ser moi importantes, pero xunto ó [[turismo]], á [[tecnoloxía]], ó [[cine]], á [[Música de Nova Escocia|música]] e ós servizos financieiros.
 
A provincia inclúe varias rexións da nación [[Mi'kmaq]] de Mi'gma'gi, que cubre a totalidade das Marítimas, así como partes de [[Maine, Estados Unidos de América|Maine]], a [[Península de Gaspé]], e [[Terranova]]. Nova Escocia xa era hogar do pobo Mi'kmaq cando chegaron os primeiros colonizadores europeos. En 1604, colonos [[Francia|franceses]] estableceron o primeiro posto permanente europeo ó norte de [[Florida]] en [[Port Royal, Nova Escocia|Port Royal]], fundando o que sería coñecido como [[Acadia]]. O [[Imperio Británico]] obtivo o control da rxión entre 1713 e 1760, e estableceu unha nova capital en Halifax en 1749. En 1867 Nova Escocia foi unha das provincias fundadoras da [[Confederación Candense]], xunto con [[NovaNovo Brunswick]], e a [[Provincia de Canadá]].
== Xeografía ==
A provincia está formada principalmente pola [[península de Nova Escocia]] rodeada polo [[Océano Atlántico]], incluíndo numerosas baías e estuarios. A [[Illa de Cabo Bretón]], unha grande illa ao nordés da península, é tamén parte da provincia, así como a [[Illa Sable]]. Nova Escocia é segunda provincia máis pequena en superficie de Canadá, logo da [[Illa do Príncipe Eduardo]].