Golfo de San Lourenzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Xeografía ==
O golfo de San Lourenzo está delimitado ao norte pola [[península do Labrador]], ao leste por [[Terra Nova]], ao sur por [[Nova Escocia]] (sobre todo a [[illa de Cabo Bretón]]) e ao oeste por [[Gaspesia]] e [[NovaNovo Brunswick]].
 
Desemboca no Atlántico a través de dous pasos: o estreito de Belle Isle entre Terra Nova e Labrador e o estreito de Cabot entre Terra Nova e a illa de Cabo Bretón. Unha terceira desembocadura, o estreito de Canso entre a illa de Cabo Bretón e a Nova Escocia continental, foi pechada pola construción do [[dique]] de Canso en [[1955]].
Liña 27:
 
== Historia ==
O primeiro intercambio suficientemente ben documentado entre europeos e [[amerindio]]s na rexión do golfo efectuouse en [[NovaNovo Brunswick]] o 7 de xullo de [[1534]], baixo a dirección de [[Jacques Cartier]], enviado oficial do rei [[Francisco I de Francia]]. Os pescadores europeos ([[País Vasco (rexión histórica)|vascos]], [[Bretaña (histórica)|bretóns]], [[Normandía|normandos]]...) precederan a este último, porque frecuentaban as costas do golfo (e os seus ocupantes) cada verán, desde facía un século. Isto, non soamente sobre os bancos de Terra Nova (a [[plataforma continental]] desta gran illa á saída do golfo), senón por todas partes onde abundaba especialmente o [[bacallau]].
 
Posto que pasaban moito tempo secando as súas capturas ao sol e ao vento, sobre ''vigneaux'' (enrexados horizontais sobrealzados) instalados sobre a area, os pescadores vían inevitablemente aos indíxenas aproximarse, cos que intercambiaban produtos metálicos europeos (coitelos, anzois, caldeiros...) ou bacallaus... por produtos locais ([[millo]], carnes de caza, [[Salmón atlántico|salmóns]], pequenos froitos, peles...).