Islamismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Características==
O termo ''islamismo'' utilízase con frecuencia, incorrectamente, para nomear ao [[islam]]. Con frecuencia, tamén, asimílase o islamismo ao que, en [[Occidente]] sobre todo, adoita chamarse [[integrismo]] ou [[fundamentalismo]]. Non obstante, aínda que nalgúns puntospintos coincide con eles, o islamismo é algo conceptualmente distinto. En efecto, ao pretender un retorno ás fontes do islam como base para a organización social, o islamismo confúndese a miúdo cunha especie de tradicionalismo. Porén, choca acotío con este xa que ao facer unha interpretación literal da doutrina obvía usos que non pertencen a esta pero que foron consagrados pola tradición. Así, por exemplo, a doutrina islámica non prohibe a participación das [[Muller|mulleres]] na vida política, pero a [[tradición]] si, e en moitos lugares dáse o caso de que nas organizacións islamitas hai maior número de activistas mulleres que, por exemplo, en organizacións [[Laicismo|laicas]] de [[esquerda]]s.
 
==Orixe e evolución==
Liña 9:
Durante os anos oitenta e noventa o retorno á esencia do islam e a busca da propia identidade víronse favorecidos pola crise socioeconómica, a occidentalización do modo de vida na maioría dos países musulmás e a [[globalización]] da [[economía]]. Trala instauración en [[1969]] da [[República Árabe Libia Popular e Socialista]] (obra de [[Muammar al-Gaddafi]], que implantou un réxime onde se conxúgan panislamismo e socialismo), a [[Revolución Islámica de Irán]] ([[1979]]), dirixida polo [[aiatolá]] Ruhollah Jomeini e que supuxo a implantación dunha república islámica naquel país, ofreceu o primeiro modelo específico aos movementos e partidos islámicos. Outros lugares en onde se adoptou con éxito un islamismo de maior ou menor radicalidade foron [[Arabia Saudita]], [[Sudán]], [[Chechenia]] e, desde [[1996]] a [[2001]], gran parte do territorio de [[Afganistán]] controlado polos [[talibán]]s.
 
Os islamitas pretenden conquistar a opinión pública dos países musulmáns por medio dunha acción social. Dunha eficacia limitada, as redes de axuda mutua destinadas a remediar o paro e a pobreza, así como a carencia de servizos sociais, contribúen a manteren a súa influencia, especialmente entre os mozos, primeiras vítimas das crises económicas.
 
==Véxase tamén==