Xihad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Sen resumo de edición
Liña 3:
O [[Corán]] non describe ningunha das dúas formas de ''Xihad'', que son unha invención de [[Al-Ghazali]] (1058-1111): Unha, a "''Xihad'' Maior", é descrita como unha loita do individuo consigo mesmo polo dominio da alma; e a outra: a "''Xihad'' Menor", é descrita como un esforzo que os musulmáns fan para levar a mensaxe do islam aos que non teñen consciencia da mesma (ou sexa, aqueles que non se submeten a Deus e á paz).
 
Hai opinións diverxentes respecto das formas de acción que son consideradas ''Xihad''. A ''Xihad'' só pode ser trabada para defender o islam. Porén, alguns grupos pensan que isto ten aplicación non só na defensa física dos musulmáns, mais tamén na reclamación de terra que en tempos pertenceu a musulmáns ou a protección do islam contra aquilo que eles ven como influencias que "corrompen" a vida musulmá. A idea da ''Xihad'' como unha guerra violenta é unha idea creada por Occidente.{{cómpre referencia}} De acordo coas formas comúns do islam, se unha persoa morre en Xihad, é enviada directamente para o paraíso, sen punición ningunha polos seus pecados.
 
De acordo co sociólogo sirio-alemán especialista no islam, el mesmo un musulmán [[sunita]], [[Basan Tibi]], o fenómeno do [[fundamentalismo islámico]] é unha forma de oportunismo político dalgúns grupos, que se aproveitan da noción de ''Xihad'', desvirtuando o islam para tornalo un factor de acción política en proveito propio.