Al-Ghazali: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Nados en 1058 mediante HotCat
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 12:
==Obra==
[[Ficheiro:Alchemy of Happiness.png|miniatura|Copia de ''A Alquimia da felicidade''. Biblioteca Nacional de Francia.]]
Á parte dunha defensa do [[islam]] en corenta libros chamada ''Proba do islam'', escribiu con finalidade antifilosófica un tratado en dousdúas partes: ''As intencións dos filósofos'', parte expositiva, e ''A incoherencia dos filósofos'', parte crítica, na que rebate as súas afirmacións; como o Occidente latino só coñeceu a primeira parte, ''Maqasid al falasifa'' traducida por [[Domingo Gundisalvo]] como unha das achegas da chamada [[Escola de Tradutores de Toledo]], transmitiuse o erro de consideralo un dos principais discípulos de [[Avicena]] e foi considerado en Europa como un filósofo antes que como un teólogo. En cambio, [[Averroes]] critícao na súa obra titulada ''[[A destrución da destrución|Incoherencia da incoherencia]]'', que en latín se coñeceu como ''Destrución da destrución''.
 
Algazel serviu como transmisor da obra de Aristóteles e comentarista dos seus seguidores musulmáns [[Avicena]] e [[Alfarabi]]. Aínda que estudou os postulados racionalistas, chegou ó convencemento da ineficacia da razón como ferramenta de coñecemento ou de comunicación con Deus; iso fíxolle chegar a postulados [[Misticismo|místicos]] e a abrazar o [[sufismo]] durante dez anos. As súas obras principais son, á parte de ''A destrución dos filósofos'' tan criticada por Averroes, sobre todo ''Revivificación das ciencias relixiosas''. Rexeita a eternidade do mundo como herética, subordinando a [[filosofía]] á [[teoloxía]]: á beira do coñecemento ordinario, froito dos sentidos, coloca un [[coñecemento]] [[intuición|intuitivo]] froito da [[ascética]] e a [[fe (relixión)|fe]]. A súa [[moral]], aínda que fundada no ''Corán'', acusa influencias gregas e cristiás. Criticou duramente as doutrinas racionalistas de [[Alfarabi]]. Crese que máis tarde, regresou ós seus postulados de principio que outorgaban un papel central á [[razón]] como ferramenta do coñecemento humano, exercendo de novo o maxisterio. Escribiu tamén unha autobiografía titulada ''O que libra do erro'', onde expón o seu itinerario espiritual, da que hai tradución moderna (''Confesións: O salvador do erro'', introdución e notas de Emilio Tornero, Madrid: Alianza Editorial, 1989).