Na noite estrelecida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 33:
==Estudo da obra==
[[Ficheiro:ExcalaburCaledfwlchTranslucent.gif|miniatura|esquerda|160 px|''A espada [[Excalibur|Escalibor]]'' é o título da primeira saga.]]
''Na noite estrelecida'' estrutúrase en tres poemas, chamados ''sagas'' polo autor: ''A espada Escalibor'', ''O cabaleiro do Sant Grial'' e ''O soño do Rei Artur'''' ''. É un dos textos que mellor responden ao que se ten cualificado como as "necesidades estéticas" ou o "programa estético" do [[nacionalismo galego]] das [[Irmandades da Fala]]; singularmente, na liña do pensamento de [[Vicente Risco]], daquela o principal ideólogo da organización irmandiña.

A través dunha reasunción libre dos míticos [[rei Artur|artúricos]], Cabanillas levou adiante na súa obra unha verdadeira exaltación mítico-patriótica de [[Galiza]]. Para tal labor, botou man, canto aos elementos narrativos, das tradicións artúricas que non puido coñecer desde o legado medieval galego-portugués por seren descoñecidos os textos que as conteñen naquelas datas. Ao mesmo tempo, Cabanillas reactualizou tamén os [[Mitoloxía celta|mitos célticos]] e asemade incorporou elementos xeográficos, literarios, históricos... procedentes dos espazos escoceses, galeses ou irlandeses. Porén, todo ese conglomerado de elementos artúricos, célticos, atlánticos... aparece nitidamente galeguizado nos versos de ''Na noite estrelecida''. Deste xeito, Galiza aparece como a verdadeira "Terra Prometida", o solar dos [[cabaleiros da mesa redonda]] e o territorio onde se han de cumprir, actualizadas, as vellas profecías que auguran para a "raza" celta un porvir glorioso. Marina e Vanesa Martínez investigaron sobre esto para facer un traballo de Lingua Galega.

[[Ficheiro:Sálvora-Aguiño11eue.jpg|miniatura|195 px|''Amada dos vellos deuses,
mortos e esquecidos xa,
que [[Sálvora]] lle chamaron,
afeitos nela a atopar
repouso doce e tranquilo
de celestiais afáns''.]]