Bienio Moderado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 4:
O final do [[Bienio Progresista]] caracterizouse por unha grande axitación social derivada da escasez<ref>TUÑÓN DE LARA, Manuel: ''El movimiento obrero en la historia de España'', 1962, volume I, p. 124. "''Conocemos el alza de precios que se acentuó durante el invierno y el verano de 1857, la crisis triguera con la consiguiente escasez de pan. Esta coyuntura va a provocar los motines de dicho verano, que tuvieron su importancia en la caída del Gobierno de Espartero. En Valladolid, ocurrieron los hechos más importantes, aunque también tuviron lugar en Burgos, Palencia, Medina de Rioseco y otras localidades''".</ref>, entre outros, na cidade de [[Alacant]]. As desaveniencias dentro do propio Goberno eran notables, a última foi protagonizada por [[Alfredo Suárez de la Escosura|Escosura]] (Ministro da Gobernación) e [[Leopoldo O'Donnell]] (á sazón, Ministro da Guerra) a propósito dun decreto sobre a imprenta<ref>TOMÁS VILLARROYA, Joaquín: ''El proceso constitucional (1843-1868)'', artigo en ''La era isabelina y el sexenio democrático : (1834-1874)'', 1981, ISBN 84-239-4982-6, p. 293.</ref>. Todo isto causou a destitución de [[Baldomero Espartero]] e o nomeamento como Presidente do Consello de Ministros de Leopoldo O'Donnell. Non obstante, o entendemento entre estes dous líderes progresistas acabou por estoupar nesta ocasión. Ao decir do [[Conde de Romanones]], o propio Espartero entendeu que a Raíña puxo "''dous galos no mesmo galiñeiro''" e retirouse da vida política, marchando á [[Logroño]].
 
Esto deulle a oportunidade ao ''Duque de Tetuán'', durante a súa breve presidencia, a levar unha política contemplativa, na que tratou de contentar a todo o mundo. Así, non fixo a habitual renovación de funcionarios adictos cando se producían cambios no goberno. Por outra banda, anunciou unha reforma da Milicia Nacional que rematou na súa disolución (co fin de contentar aos progresistas) e restableceu a [[Constitución española de 1845|Constitución de 1845]], á que engadiulle unha ''Acta Adicional'' ampliando as liberdades daquel texto (coca fin de agradar aos moderados)<ref>PAREDES, Javier: ''Los bienios progresistas y moderado (1854-1858)'', artigo en ''Historia contemporánea de España (1808-1939)''. Barcelona, 1997, pp. 269-270.</ref>. Tamén decretou o [[estado de sitio]], tratando de sofocar as revoltas e altercados públicos (mesmo en xullo en [[Madrid]] por causa do cambio de Goberno) e a transformación dalgunhas Deputacións provincias en Xuntas de Goberno.
 
Pero, non foi suficiente. En outubro, a Raíña destituiu a O'Donnell e nomeou ao moderado [[Ramón María Narváez]]. Para algúns, a fin do Bienio Progresista produciuse neste momento e non en xullo, aínda que para outros os cambios do novo bienio pódense ver xa co tinerfeño.