Músculo esquelético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 140:
Pensábase tradicionalmente que o número total de fibras musculares esqueléticas non cambiaba.
Porén, crese que non hai diferenzas en sexo ou idade na distribución das fibras, e os tipos relativos de fibras varían considerablemente dun músculo a outro e dunha persoa a outra.
Os homes ou mulleres sedentarios (e os nenos pequenos) teñen un 45% de fibras de tipo 2II e un 55% de tipo 1I. Os deportistas de alto nivel adoitan ter patróns de distribución de fibras determinados; por exemplo, os atletas de probas de resistencia mostran un maior nivel de fibras de tipo 1I. Os atletas de probas de velocidade explosiva (''sprints''), necesitan grandes cantidades de fibras de tipo 2bIIb.
Os atletas de probas de media distancia teñen aproximadamente unha distribución igual de de ambos os tipos de fibras. Este tamén adoita ser o caso dos atletas de probas de potencia muscular, como os lanzadores e saltadores.
Propúxose que certos tipos de exercicios podían inducir cambios nos tipos de fibras esqueléticas presentes nos músculos.<ref>{{cite book |author= Michael Yessis|title=Build A Better Athlete|publisher=Ultimate Athlete Concepts|year=2006|isbn=978-1-930546-78-3}}</ref>
Crese que se unha persoa realiza exercicios de resistencia durante un período prolongado da súa vida, algunhas das fibras de tipo 2bIIb transfórmanse en fibras de tipo 2aIIa, aínda que non hai consenso sobre este aspecto.
Pode ocorrer tamén que as fibras de tipo 2bIIb experimenten unha potenciación da súa capacidade oxidativa despois dun adestramento prolongado en resistencia de alta intensidade, o cal vai levalas ata un nivel no que poidan realizar o metabolismo oxidativo con igual efectividade ca as fibras de contracción lenta das persoas non adestradas. Isto produciríase por un incremento no tamaño das mitocondrias e no número e os cambios asociados relacionados e non por un cambio de tipo de fibras.
 
==Arquitectura e organización das fibras==