Músculo esquelético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
| DorlandsID =
}}
O '''músculo esquelético''' ou '''tecido muscular estriado esquelético''' é un tipo de [[músculo estriado]] que está baixo o control do [[sistema nervioso somático]], polo que se controla voluntariamente. É un dos tres grandes tipos de tecido muscular; os outros dous son o [[músculo cardíaco]] (tamén de tipo estriado) e o [[músculo liso]] (non estriado). Como indica o seu nome, a maioría dos músculos esqueléticos están unidos aos [[óso]]s por feixes fibrosos de [[coláxeno]] chamados [[tendón]]s. A súa misión é realizar os movementos voluntarios do corpo.
 
O músculo esquelético está feito de compoñentes individuais denominados [[miocito]]s, "células musculares", "fibras musculares" ou miofibras. Os miocitos son células longas cilíndricas e multinucleadas, que se formaron pola fusión de [[mioblasto]]s durante o desenvolvemento (un tipo de células proxenitoras embrionais) durante un proceso chamado [[mioxénese]].
 
As miofibras están á súa vez cheas de [[miofibrila]]s. As miofibrilas están compostas depor filamentos proteicos de [[actina]] e [[miosina]] repetidos en unidades chamadas [[sarcómero]]s, a unida funcional básica da fibra muscular. O sarcómero é responsable da estriación da fibra muscular esquelética (debido á superposición ordenada de filamentos en bandas) e constitúe a maquinaria básica necesaria para a [[contracción muscular]]. Os músculos son órganos formados por moitos feixes de fibras musculares unidas por [[tecido conxuntivo]].
 
==Fibras musculares esqueléticas==