Diferenzas entre revisións de «Irmandiños»

== Gran Guerra Irmandiña ==
{{AP|Gran Guerra Irmandiña}}
 
Segundo os testemuños do [[preito Tabera - Fonseca]], os irmandiños serían arredor de 80.000 persoas. Na organización e desenvolvemento da guerra irmandiña participaron varios grupos sociais: campesiños, xentes das cidades, baixa nobreza e fidalguía e algúns membros do clero, como coengos composteláns que apoiaron economicamente o movemento irmandiño. Os xefes militares do movemento pertencían á baixa nobreza e foron os seguintes:
*[[Pedro de Osorio]] actuou no centro de Galicia, sobre todo na zona de Compostela.
*[[Afonso Lanzós]] dirixiu a revolta na zona norte de Galicia.
*[[Diego de Lemos]] dirixiu as accións irmandiñas no sur de Lugo e norte de Ourense.
 
O auxe do movemento irmandiño foi posible pola existencia do que o estudoso do período Carlos Barros chama "mentalidade xusticeira e antiseñorial" da sociedade galega baixomedieval, que rexeitaba as inxustizas cometidas polos señores, considerados popularmente como uns “malfeitores”.
 
Os inimigos dos irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas, encomendeiros das principais [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]]s e [[mosteiro]]s. Os irmandiños destruíron arredor de 130 [[castelo (fortificación)|castelos]] e fortalezas nos dous anos de guerra irmandiña. As liñaxes dos Lemos, Andrade e Moscoso foron o branco preferido dos irmandiños. Os irmandiños, por contra, non atacaron os eclesiásticos. Nun primeiro momento parte da nobreza obxecto da ira irmandiña fuxiu cara [[Portugal]] ou [[Castela - Castilla|Castela]].
 
[[Ficheiro:Hakenbuechse.png|miniatura|350px|esquerda|Os soldados de Pedro Álvarez usaban [[arcabuz|arcabuces]] na [[Segunda Guerra irmandiña]]. O da imaxe é de [[1425]]]]
En [[1469]], [[Pedro Madruga]] inicia desde Portugal o contraataque feudal, contando co apoio doutros nobres e das forzas do arcebispo de [[Santiago de Compostela]]. As tropas feudais, contando cunha mellor tecnoloxía de guerra (sábese que as tropas de Pedro Madruga empregaron modernos arcabuces), venceron os irmandiños, prenderon e mataron os seus líderes. A vitoria das tropas de [[Pedro Madruga]] produciuse por contar co apoio dos monarcas de Castela e Portugal e polas divisións das forzas irmandiñas. Mais axiña a nobreza vitoriosa viuse envolta de novo en liortas dinásticas que prepararon o seu definitivo desarraigo do territorio galego.
 
==Organización==
A cabeza das Irmandades correspondíalle ás Xuntas de Irmandade, xuntanzas dos procuradores das Irmandades locais e de representantes de sectores achegados a elas. Destas xuntas emanaban as decisións de goberno, mais era o alcalde de cada Irmandade local o encargado de executala coa axuda dos cuadrilleiros que tiñan o mando sobre unha [[mesnada]] de cen homes.
 
Os capitáns Afonso de Lanzós, Diego de Lemos e Pedro Osorio eran os encargados da dirección militar da Irmandade.
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
Usuario anónimo