Irmandiños: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 2:
[[Ficheiro:Torredocastro.jpg|dereita|miniatura|225px|[[Castelo de Sandiás]]. Destruído polos irmandiños no [[1467]].]]
[[Ficheiro:Castelo-da-Lúa-ruínas.JPG|miniatura|225px|dereita|Ruínas do [[Castelo da Lúa]] derruído polos irmandiños o redor do [[1465]].]]
[[Ficheiro:Castelo da rocha forte Torreón e muro oeste.JPG|miniatura|dereita|225px|Restos do [[Castelo da Rocha Forte]] arruinado polos grupos de irmandiños no [[1466]].]]
 
Na [[Galicia]] [[medieval]], os '''irmandiños''' eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos [[Nobreza|señor]]es.
 
No [[século XIV]] entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de [[Pedro I de Castela|Pedro I "o Cruel"]] e [[Henrique II de Castela|Henrique II]]. Eran os [[Osorio]] en [[Monforte de Lemos|Lemos]] e [[Sarria]], os [[Casa de Andrade|Andrade]] en [[Pontedeume]], os [[Casa dos Sarmiento|Sarmiento]], os [[Ulloa]]s, os [[Sotomaior]] ... Loitaban contra as institucións e despoxábanas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no [[século XV]]. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira denomínase “Irmandade Fusquenlla”, e a segunda, “Grande guerra Irmandiña”.
 
As primeiras irmandades formáronse contra o [[bispo]] [[Diego Xelmírez]]{{cómpre referencia}}, contra quen se levantaron varias veces os [[burguesía|burgueses]] e parte do clero de [[Santiago de Compostela|Compostela]] ([[1116]] e [[1140]]).
 
==Irmandade Fusquenlla==
{{AP|Irmandade Fusquenlla}}
 
As disensións internas fixeron que a revolta fracasase ante as tropas dos Andrade, o rei de [[Castela - Castilla|Castela]] e o arcebispo de [[Santiago de Compostela|Santiago]]. [[Roi Xordo]], un fidalgo da Coruña, dirixiu as tropas da Irmandade Fusquenlla e morreu na represión posterior á desfeita irmandiña.
 
== Gran Guerra Irmandiña ==
{{AP|Gran Guerra Irmandiña}}