Diferenzas entre revisións de «Irmandiños»

==Irmandade Fusquenlla==
{{AP|Irmandade Fusquenlla}}
A '''Irmandade Fusquenlla''' formouse no ano [[1431]] nas terras do señor de Andrade, pola extrema dureza coa que [[Nuno Freire de Andrade, o Mao]], trataba aos seus vasalos, empeorada con motivo da visita do infante Henrique de Aragón a Galicia para o que botou man dun tributo especial. A revolta iniciouse nas comarcas de [[Pontedeume]] e [[Betanzos]] e chegou a espallarse por [[Lugo]] e [[Mondoñedo]] e a derrubar algunha fortaleza nobiliar, como o [[Castelo de Andrade|castelo dos Andrade]] na vila de [[Pontedeume]].
 
As disensións internas fixeron que a revolta fracasase ante as tropas dos Andrade, o rei de [[Castela - Castilla|Castela]] e o arcebispo de [[Santiago de Compostela|Santiago]]. [[Roi Xordo]], un fidalgo da Coruña, dirixiu as tropas da Irmandade Fusquenlla e morreu na represión posterior á desfeita irmandiña.
Usuario anónimo