Aníbal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
lig ints; formato
Liña 16:
|batallas =
[[Conquista cartaxinesa de Hispania]]
* [[Toma de SaguntoSagunt]]
[[Segunda guerra púnica]]
* [[Batalla do Tesino]]
Liña 31:
|outros =
}}
'''Aníbal Barca''', nado en [[Cartago]] no ([[-247|247 a.C.]]- e finado no [[Reinto de Bitinia]] no [[-183|183 a.C.]]), foi un xeneral [[Cartago|cartaxinés]], que destacou polas súas campañas contra os romanos.
 
== Infancia ==
Liña 41:
Á morte de Amílcar en [[-228|228 a.C.]], [[Asdrúbal o Belo]] quedou ao mando do exército cartaxinés en [[Iberia]] e, asasinado este en [[-221|221 a.C.]], o exército elixiu a Aníbal como estratega. Con todo, como sucedera con Asdrúbal, en Cartago o nomeamento foi mal recibido entre os aristócratas, denominados "Os Vellos", defensores do nomeamento de [[Hannón]], xa que consideraban que era perigoso converter o mando do exército nun cargo hereditario e máis cando o ostentaban membros dunha familia demócrata, como era o caso dos Barca. Malia iso, o Consello púnico confirmou o nomeamento feito pola tropa.
 
Vistas as dificultades finalmente superadas do seu nomeamento, Aníbal decidiu lanzarse a realizar conquistas que demostrasen a súa pericia no mando e saciasen a sede de ouro dos avariciosos aristócratas que tanto desconfiaran da oportunidade do seu mando. Percorreu o interior da [[Península Ibérica]] durante dous anos atinxindo coa súa campaña renome militar, a confianza dos seus soldados e tesouros inmensos para Cartago, chegando deste xeito a unha situación na que si podería enfrontarse aos romanos. Para evitar unha inminente confrontación entre Roma e Cartago, Asdrúbal, xenro de Amílcar Barca e xeneral dos exércitos cartaxineses á morte deste, estableceu un tratado polo cal non se pode estender a influencia cartaxinesa máis aló do norte do [[río Ebro]]. A alianza entre Roma e [[Sagunt - Sagunto|Sagunto]], asinada posteriormente ao tratado, vulneraba este tratado debido a estar a cidade na órbita de influencia cartaxinesa. Esa é a razón pola que Aníbal atacou [[Sagunt - Sagunto|Sagunto]] no ano [[-219|219 a.C.]], provocando o estalido da contenda.
 
[[Ficheiro:hannibal_route_of_invasion.gif|miniatura|250px|Rota de Aníbal na súa invasión de [[Italia]].]]
 
A oportunidade presentouse ás portas de SaguntoSagunt, naquel momento aliada de Roma, a mesma cidade que case vinte anos antes o seu pai respectara ao considerar que Cartago non se atopaba aínda preparada para a guerra. Enfrascada nun preito sobre os límites territoriales con [[Túrbula]] (a actual [[Teruel]]) atacaron territorios pertencentes a Cartago e Aníbal, coa autorización do Consello cartaxinés, respondeu ás agresións destruíndo por completo á cidade no ano 219 a.C., tras un sitio que se prolongou durante oito meses.
 
Aproveitando este feito como escusa, unha embaixada de Roma declarou a guerra contra Cartago, unha guerra que estaba formulada facía moito tempo, pero que fora postergada polo escaso apoio popular romano. Anibal confioulle a defensa de Iberia ao seu irmán Asdrúbal e partiu na primavera do [[-218|218 a.C.]] con 100.000 infantes, 12.000 cabalos e 50 elefantes á conquista de Roma. O seu exército estaba formado por libios (africanos) e mercenarios iberos que se foron unindo ao exército cartaxinés a medida que, primeiro o seu pai, logo Asdrúbal, e finalmente o propio Aníbal, conquistasen o territorio. Desta forma, Aníbal pretendía desviar o golpe mortal que recaería sobre a metrópole cartaxinesa mediante un ataque desesperado directo ao corazón da [[República Romana]].