Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
→‎Roma: lig ints
Liña 49:
=== Roma ===
[[Ficheiro:Sello plaza de la virgen valencia.jpg|miniatura|Cornucopia na praza da [[Plaça de la Mare de Déu|Mare de Déu]]. Símbolo da Valencia romana]]
A Cidade de Valencia foi fundada no [[-138|138]] a.C. co nome de ''Valentia Edetanorum'' polo cónsul romano [[Décimo Xunio Bruto Galaico]]. A cidade emprázase sobre unha das illas que formaba o [[río Turia]] na súa pantanosa desembocadura, nunha gran chaira aluvial, nos extremos da cal atopábanse os principais asentamentos prerromanos (ibéricos): Arse ou Saguntum ([[Sagunt - Sagunto|Sagunt]]) ao nordeste, Edeta (Llíria) ao noroeste e Saetabis ([[Xátiva|Xàtiva]]) ao sur. Todos eles emprazábanse sobre un tozal defensivo, mentres que Valentia fúndase no medio da chaira.
 
As posibilidades de aproveitamento desta plana deberon condicionar a elección deste lar. Nesta época da Roma republicana a cidade de Valencia non era a principal cidade do actual [[Comunidade Autónoma de Valencia|País Valenciano]] ([[Sagunt - Sagunto|Saguntum]] e [[Elx|Illici]] eran, sen dubida, máis importantes), mais si que era un núcleo agrario notábel, que chega a canalizar as augas para o rego, e que chega a encuñar unha moeda propia, onde o emblema da cidade xa era a cornucopia ou corno da abundancia.
 
No ano [[-75|75]] a.C. foi destruída na guerra entre [[Cneo Pompeio Magno|Pompepeio]] e [[Sertorio]], e foi abandonada durante uns 50 anos. No Século I a Cidade de Valencia xa recuperara a poboación, e comezáronse a construír grandes obras de infraestrutura. No século III principia outra época de decadencia coma o resto do [[Imperio Romano]]. Coa súa caída, a cidade foi ocupada pelos [[visigodos]] formando parte dos reinos peninsulares.