Músculo esquelético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 160:
As fibras dos músculos multipennados están dispostos en múltiples ángulos en relación co eixe de xeración da forza, e son a arquitectura máis xeral e común.<ref name="Lieber, Richard L 2002"/> Varias orientacións das fibras caen dentro desta categoría, que se denominan: bipennada, converxente, e multipennada. Aínda que a determinación da área transversal fisiolóxica é máis difícil nestes tipos de arquitectura muscular, aplícase a mesma compensación que se mencionou antes.
 
As disposicións bipennadas son esencialmente "Vuves"s de fibras amontoadas unha sobre outras, como as do [[recto femoral]].
 
As arquitecturas converxentes teñen forma de triángulo ou abano, con orixes musculares largas e insercións máis estreitas.<ref name="Martini"/> A ampla variación dos ángulos de pennación desta arquitectura poden utilizarse para moitas funcións. Por exemplo, o músculo [[músculo trapecio]], que é un músculo converxente prototípico, contribúe tanto á elevación do ombreiro coma á súa depresión.
 
As arquitecturas multipennadas non están limitadas a un arranxo das fibras particular, senón que, cando se usan especificamente, se refiren xeralmente ao que esencialmente é unha combinación dos tipos bipennado e unipennado con disposición converxente das fibras. Un exemplo desta arquitectura é o [[músculo deltoide]] humano.