Ecografía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
creo dende a wiki pt
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
{{Doenza
| nome = Ecografía
Liña 23 ⟶ 22:
| GeneReviews_nome =
}}
A '''ecografía''' (do [[idioma grego|grego]] «ἠχώ» ēkhō="eco", e «γραφία» grafía= "escribir"), tamén denominada '''ultrasonografía''', é unha técnica de diagnóstico clínico empregada en [[medicina]] baseada nos [[ultrason]]. Os aparellos de ultrason empregan, polo xeral, frecuencias comprendidas entre os 2 e 14 MHz (aínda que en eidos médicos excepcionais, coma a [[dermatoloxía]], poden existir transdutores de até 20MHz). Os ultrasons son xerados por unha fonte de cristal piezoeléctrico que fica en contacto coa [[pel]]. O mesmo transdutor encárgase de recibir eses ecos de ondas xerados, que posteriormente son interpretados a través dun ordenador. Así pois, a sonda transdutora funciona ao mesmo tempo de emisor e de receptor dos ultrasons. Canto maior sexa a frecuencia dos ultrasons, maior é a resolución obtida e máis precisión temos na visualización das estruturas superficiais. Conforme a densidade e composición das interfaces, a atenuación dos sinais emitidos varía, sendo posíbel unha tradución nunha escala de cores [[cinza]], que será a que forme as imaxes dos órganos internos.<ref>{{cita libro|apelidos=Pedrosa|nome=C.S.|título=Diagnóstico por imagen|ano=1999|editor=Marban|isbn=8471012677|páxinas=643-646|editor=Marban}}</ref>
 
O [[efecto Doppler]] é adoito empregado na ultrasonografía, xa que permite coñecer o sentido e a velocidade do fluxo sanguíneo. A integración desta técnica á ecografía convencional coñécese coma ''ecografía Doppler'' ou ''Doppler color'' (debido a que se empregan as cores azul e vermello para indicar un sentido ou outro do [[sangue]]. Outra variación da ultrasonografía clásica é a ecografía con contraste.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Schneider|nome=Michel|título=Characteristics of SonoVue|revista=Echocardiography|ano=1999|volume=16|número=7|páxinas=743-746|pmid=11175217|dataacceso=2 de novembro de 2014}}</ref>
 
Polo feito de non utilizar radiación ionizante, coma no caso do [[Tomografía axial computarizada|TAC]] ou da [[radiografía]] convencional, a ecografía converteuse nun método relativamente inocuo, pouco custoso, de doada disposición, e coa posibilidade de explorar un determinado órgano ou aparello a tempo real. Por este motivo é unha das técnicas ''[[gold standard]]'', isto é, de elección, para avaliar o correcto medre [[feto|fetal]] no [[embarazo]], xa que non da lugar a dano ningún no futuro [[nadón]].
 
== Galería de imaxes
<gallery>
4dsonogram.jpg|Ecografía 4D dun feto.
Polycystic ovary.jpg|Ovario poliquístico visto por ecografía.
LungandEffusion.ogg|Vídeo dunha ecografía a tempo real dun [[pulmón]].
Usgcolordoppler3.jpg|[[Ecografía Doppler da [[arteria carótide interna]].
</gallery>
 
== Notas ==
Liña 33 ⟶ 40:
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
{{Commons|EchographyUltrasound}}
* [[Ultrason]]
* [[Ecografía vaxinal]]