Músculo liso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
}}
 
O '''músculo liso''' é un músculo involuntario non [[músculo estriado|estriado]]. É un dos tres grandes tipos de tecido muscular; os outros dous son o [[músculo esquelético]+] e o [[músculo cardíaco]]. Hai dous tipos de músculo liso segundo a forma como se produce a contracción: o músculo liso dunha soa unidade (unitario) e o de multiunidades. No músculo liso unitario o feixe muscular ou lámina muscular completa contráese como un [[sincitio]] fisiolóxico (é dicir, as células están individualizadas pero conectadas por [[unión comunicante|unións comunicantes]], polo que se contraen todas á vez). O tecido muscular liso de multiunidades está formado por células inervadas individualmente, o que permite o control fino e as respostas graduais, de xeito similar á [[unidade motora de recrutamento]] do [[músculo esquelético]].
 
O músculo liso encóntrase nas paredes dos [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]] (nese caso denomínase [[músculo liso vascular]]) na [[túnica media]] da parede de arterias grandes como a [[aorta]] e en pequenas [[arteria]]s, [[arteriola]]s e [[vea]]s. Tamén hai músculo liso na parede dos [[sistema linfático|vasos linfáticos]], da [[vexiga urinaria]], [[útero]] ([[músculo liso uterino]]), nos tractos reprodutores masculino e feminino, no [[tracto gastrointestinal]], [[tracto respiratorio]], músculo erector dos pelos da [[pel]], no [[músculo ciliar]] do [[ollo]], e no [[iris (anatomía)|iris]] do ollo. A estrutura e funcionamento é basicamente o mesmo en todas as células musculares lisas de diferentes órganos, pero os estímulos indutores da contracción difiren substancialmente, para así realizar efectos determinados no corpo en momentos determinados. Por último, os [[glomérulo renal|glomérulo]]s dos riles conteñen células similares ás do músculo liso chamadas [[célula mesanxial|células mesanxiais]].