Músculo liso: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 112:
====Mantemento sostido da contracción====
A fosforilación das cadeas lixeiras da miosina MLC<sub>20</sub> correlaciónase ben coa velocidade de acurtamento do músculo liso. Durante este período hai un
As preparacións illadas de músculo liso vascular e visceral contráense con soro fisiolóxico equilibrado alto en potasio despolarizante, xerando unha certa cantidade de forza contráctil. A mesma preparación estimulada en soro fisiolóxico equilibrado normal cun agonista como a [[endotelina]] ou a [[serotonina]] xera máis forza contráctil. Este incremento de forza denomínase sensibilización ao calcio. A fosfatase da cadea lixeira da miosina é inhibida para incrementar a ganancia ou sensibilidade ao calcio da quinase da cadea lixeira da miosina. Hai varias vías de [[sinalización celular]] que se cre regulan esta diminución na fosfatase da cadea lixeira da miosina: unha vía da quinase RhoA-Rock, unha na que interveñen a proteína inhibidora 17 (CPI-17) e a proteína quinase C, teloquina, e unha vía Zip quinase. Ademais as Rock e Zip quinases están implicadas na fosforilación directa das cadeas lixeiras de miosina de 20kd.
|