Músculo liso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 99:
 
===Contracción===
A contracción do músculo liso está causada polo esvaramento dos filamentos de [[miosina]] e [[actina]] uns sobre os outros ([[mecanismo de esvaramento de filamentos]]). A enerxía para que iso se produza é fornecida pola [[hidrólise]] do [[Adenosín trifosfato|ATP]]. A miosina funciona como unha [[ATPase]] utilizando o ATP para producir un cambio na conformación molecular de parte da molécula de miosina e causar o movemento. O movemento dos filamentos uns sobre outros ocorre cando as cabezas globulares que sobresaen dos filamentos de misosina se unen e interacionan cos filamentos de actina para formar pontes cruzadas. As cabezas de miosina inclínanse e arrástranse ao longo do filamento de actina unha pequena distancia (10-12 nm). Despois, as cabezas libéranse do filamento de actina e entón cambian de ángulo para recolocarse noutro sitio sobre o filamento de actina outros 10-12 nm máis adiante. Poden así volver a unirse á molécula de actina e arrastrarse outra vez. Este proceso denomínase ciclo de pontes cruzadas e é o mesmo en todo os músculos (ver [[contracción muscular]]). A diferenza do [[músculo esquelético]] e o [[músculo cardíaco|cardíaco]], o músculo liso non contén a proteína que se une ao calcio [[troponina]]. A contracción iníciase por unha fosforilación regulada polo calcio da miosina, e non por un sistema de troponina activada por calcio.
 
O ciclo de formación de pontes cruzadas causa a contracción dos complexos de miosina e actina, causando á súa vez un incremento da tensión ao longo de cadeas enteiras de estruturas tensístensionais, orixinando finalmente a contracción de todo o músculo liso.
 
====Contraccións fásicas e tónicas====