Músculo liso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 63:
A miosina e a actina son as partes contráctiles de cadeas continuas de estruturas tensionais que se estenden a través e entre as células lisas.
 
Os filamentos de actina das unidades contráctiles están unidasunidos aos chamados ''corpos densos''. Os corpos densos son ricos en α-[[actinina]],<ref name=aguilar2010/> e tamén se unen a [[filamento intermedio|filamentos intermedios]] (que constan de [[vimentina]] e [[desmina]]), e parecen servir como áncoras a partir das cales os filamentos finos poden exercer a súa forza.<ref name=aguilar2010/> Os corpos densos tamén están asociados coa β-actina, que é do tipo que se encontra no citoesqueleto, o que indica que os corpos densos poden coordinar as tensións da maquinaria contráctil e do citoesqueleto.<ref name=aguilar2010/>
 
Os filamentos intermedios están conectados a outros filamentos intermedios por medio dos corpos densos, os cales finalmente se unen a [[unión adherente|unións adherentes]] (tamén chamadas adhesións focais) na [[membrana plasmática]] da célula muscular lisa. As unións adherentes constan dun grande número de proteínas como a α-actinina, vinculina e actina citoesquelética.<ref name=aguilar2010/> As unións adherentes están distribuídas arredor das ''bandas densas'', que rodean en círculo á célula muscular lisa nun patrón similar ao das costelas.<ref name=stephen1995/> As áreas de bandas densas (ou placas densas) alternan con rexións da membrana que conteñen numerosas caveolas. Cando os complexos de actina e miosina se contraen, a forza transdúcese ao sarcolema a través dos filamentos intermedios unidos a ditas bandas densas.