Fronteira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Arabia Saudí por Arabia Saudita, forma recollida pola RAG
Liña 3:
Unha '''fronteira''' define o [[linde|límite]] [[xeografía|xeográfico]] de entidades políticas ou xurisdicionais, tales como [[goberno]]s, [[estado]]s, ou tamén subdivisións administrativas de tales estados ou [[país]]es.
 
Antigamente, moitas fronteiras non estaban definidas claramente por liñas, senón por zonas neutrais chamadas "[[marcas]]" (así a "[[Marca Hispánica]]" de [[Carlomagno]]). Isto aínda se reflectía en tempos recentes nas zonas neutrais establecidas nas fronteiras de [[Arabia SaudíSaudita]] con [[Kuwait]] e [[Iraq]] (aínda que xa non existen tales zonas).
 
A maioría dos países contan con algunha forma de control de fronteiras, de cara a restrinxir o movemento de persoas, animais e/ou [[mercadoría]]s, ben para entrar ou ben (ou tamén) para saír do país. Para o cruce das fronteiras son entón necesarios [[pasaporte]]s e [[visa]]s (visados), ou outras formas de documento de identidade. Para a permanencia máis alá de certo tempo dentro de fronteiras de países estranxeiros, é posible que sexa necesario documentos especiais de [[inmigración]] ou permisos que autoricen tal estadía.