Músculo liso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 38:
 
====Miosina====
A [[miosina]] do músculo liso é principalmente a de [[miosina|clase II]].<ref name=aguilar2010/>
*A miosina II contén dúas ''cadeas pesadas'' que constitúen os dominios de cabeza e cola. Cada cadea pesada contén o dominio de cabeza [[N-terminal]], mentres que as colas [[C-terminal|C-terminais]] teñen unha morfoloxía de [[hélice superenrolada]], que mantén as cadeas pesadas xuntas. Deste modo, a miosina II ten dúas cabezas. Hai un só xene (o [[MYH11]]<ref>Matsuoka, R.; Yoshida, M. C.; Furutani, Y.; Imamura, S. I.; Kanda, N.; Yanagisawa, M.; Masaki, T.; Takao, A. (1993). "Human smooth muscle myosin heavy chain gene mapped to chromosomal region 16q12". American Journal of Medical Genetics 46 (1): 61–67. doi:10.1002/ajmg.1320460110. PMID 7684189.</ref>) que codifica as cadeas pesadas da miosina II, pero fórmanse varias [[splicing alternativo|variantes de splicing]] a partir deste xene que dan lugar a catro [[isoforma]]s.<ref name=aguilar2010/> Ademais, o músculo liso pode conter MHC que non están implicadas na contracción, e que se poden orixinar a partir de varios xenes.<ref name=aguilar2010/>
* A miosina II tamén contén 4 ''cadeas lixeiras'', dúas por cabeza, que pesan 20 (MLC<sub>20</sub>) e 17 (MLC<sub>17</sub>) [[dalton (unidade)|kDa]].<ref name=aguilar2010/> Estas únense ás cadeas pesadas na rexión do "pescozo" rda molécula entre a cabeza e a cola.