Músculo liso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24:
O '''músculo liso''' é un músculo involuntario non [[músculo estriado|estriado]]. Hai dous tipos de músculo liso: o músculo liso dunha soa unidade (unitario) e o de multiunidades. No músculo liso dunha soa unidade o feixe muscular ou lámina muscular completa contráese como un [[sincitio]] (é dicir, unha masa multinucleada de citoplasma que non está dividida en células separadas). O tecido muscular liso de multiunidades está formado por células inervadas individualmente, e permite o control fino e as respostas graduais, de xeito similar á [[unidade motora de recrutamento]] do [[músculo esquelético]].
 
O músculo liso encóntrase nas paredes dos [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]] (nese caso denomínase [[músculo liso vascular]]) como na [[túnica media]] da parede de arterias grandes como a [[aorta]] e en pequenas [[arteria]]s, [[arteriola]]s e [[vea]]s. Tamén hai músculo liso na parede dos [[sistema linfático|vasos linfáticos]], a [[vexiga urinaria]], [[útero]] (este denomínase [[músculo liso uterino]]), nos tractos reprodutores masculino e feminino, no [[tracto gastrointestinal]], [[tracto respiratorio]], músculo erector dos pelos da [[pel]], no [[músculo ciliar]], e no [[iris (anatomía)|iris]] do ollo. A estrutura e funcionamento é basicamente o mesmo en todas as células musculares lisas de diferentes órganos, pero os estímulos indutores da contracción difiren substancialmente, para así realizar efectos determinados no corpo en momentos determinados. Ademais, os [[glomérulo renal|glomérulo]]s dos riles conteñen células similares ás do músculo liso chamadas [[célula mesanxial|células mesanxiais]].
 
==Estrutura==