Vicente Fraiz Andón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Logo de exercer algún tempo o maxisterio, marchou á [[Habana]], onde realizou o doutorado en Filosofía e Letras, organizou as ensinanzas do centro de ensino Concepción Arenal do Centro Galego e puxo en marcha diversas iniciativas a favor da cultura galega. Regresou a Galicia, fixando a súa residencia en Compostela, e gañou a praza de director da [[Escola Normal de Santiago de Compostela]]. Organizou o Certame Pedagóxico de [[1906]], o Congreso Nacional de Ensino Primario en [[1909]] e desenvolveu un amplo labor para a mellora das escolas rurais e de formación de mestres.
 
Vicente Fraiz presidiu a principios dos anos 10 a comisión para obter recursos e achegas de cara á construción do monumento a [[Rosalía de Castro]], que se inaugurou na Ferradura o [[25 de xullo]] de [[1917]].