Músculo cardíaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
 
==Miocardio==
[[Ficheiro:Blausen 0470 HeartWall gl.png|miniatura|350px|Imaxe 3D de miocardio groso na parede do corazón.]]
O miocardio contén unha rede abundante de capilares indispensables para cubrir as súas necesidades enerxéticas e recibir oxíxeno. A [[irrigación]] sanguínea do miocardio procede das arterias coronarias. O músculo cardíaco funciona involuntariamente, sen ter estimulación nerviosa. É un músculo mioxénico, é dicir, autoexcitable. Nas [[Aurícula cardiaca|aurículas]], as fibras musculares dispóñense en feixes que forman un verdadeiro enreixado e sobresaen cara ao interior en forma de releves irregulares. Nos [[ventrículo]]s, as fibras musculares teñen maior espesor sobre todo no [[ventrículo esquerdo]], que é o encargado de bombear sangue oxixenado a través da arteria [[aorta]].