Músculo cardíaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 36:
O miocardio está composto por [[célula]]s especializadas que contan cunha capacidade que non ten ningún outro tipo de [[tecido muscular]], xa que, ademais de contraerse, pode tamén levar un potencial de acción eléctrico, similar ao que producen as [[neurona]]s. Ademais, algunhas das células teñen a capacidade de xerar un potencial de acción, coñecido como automaticidade do músculo cardíaco.
O miocardio está suxeito a dous sistemas eléctricos de control. O control eléctrico de primeira orde do miocardio deriva do [[nodo sinusal]]. A propagación do control de primeira orde do nodo sinusal está estreitamente ligada a descargas do [[sistema parasimpático]]. O control eléctrico de segunda orde do miocardio está baixo o control parasimpático, por medio de nervios procedentes dos [[ganglio nervioso|ganglios]] vertebrais da [[medula espiñal]] e do [[nervio vago]].
As fibras estriadas e con ramificacións do músculo cardíaco forman unha rede interconectada na parede do corazón. O músculo cardíaco contráese automaticamente ao seu propio ritmo, de 60 a 100 veces por [[minuto]]. Non se pode controlar conscientemente, senón que o seu ritmo de contracción está regulado polo [[sistema nervioso autónomo]], dependendo do estado de actividade ou repouso do corpo.
 
=== Fisioloxía do miocardio ===