Músculo cardíaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 92:
 
==Fisioloxía==
A diferenza do [[músculo estriado esquelético]], o músculo cardíaco require ''ións calcio extracelulares'' para que teña lugar a contracción. Igual ca o músculo esquelético, a iniciación e o resultado do [[potencial de acción]] nas células do músculo ventricular deriva da entrada de ións sodio a través do sarcolema nun proceso rexenerativo. Porén, hai un fluxo cara ao interior de ións calcio extracelulares a través dos [[canal de calcio de tipo L|canais de calcio de tipo L]] que mantén a despolarización das células musculares cardíacas durante períodos máis longos. A razón desta dependencia do calcio é que o mecanismo de [[liberación de calcio inducida polo calcio]] (CICR) desde o [[retículo sarcoplásmico]] debe ocorrer baixo o acoplamento excitación-contracción normal para que se cause a contracción. Unha vez que se incrementa a concentración intracelular de calcio, os ións calcio únense á proteína [[troponina]]. O músculo esquelético só é activado polo calcio almacenado no retículo sarcoplasmático.
 
===Rexeneración das células do músculo cardíaco===