Ría de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m nova clave para a Categoría:Ría de Vigo: " " mediante HotCat
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Ria de Vigo.jpg|miniatura|400px|dereita|Ría de Vigo]]
A '''Ría de Vigo''' é unha das maiores [[ría|rías]] de [[Galicia]], situada na zona sur ([[provincia de Pontevedra]]), sendo a máis profunda e rica en nutrientes das [[Rías Baixas]], que baña os concellos de [[Vigo]], [[Cangas]], [[Moaña]], [[Vilaboa]], [[Pontevedra]], [[Soutomaior]] e [[Redondela]] e nun pequeno entrante que ás veces se considera fóra da mesma ría, [[Baía de Baiona|Baiona]], ata o [[cabo Silleiro]].
 
==Características==
[[Ficheiro:Ría de Vigo. Galiza.jpg|miniatura|250px]]
É a máis meridional das [[Rías Baixas]], e presenta unha forma de cuña orientada en dirección nordeste suroeste. A súa superficie total é de 176 km<sup>2</sup>, cunhas dimensións de 33 km de lonxitude e anchura variábel de 10 km na boca, entre [[Cabo Home]] e a [[Montepenínsula de FerroMonteferro]], e 600 m no [[estreito de Rande]], volvéndose ensanchar no fondo da ría, na [[enseada de San Simón]]. O volume total de auga, 3.117 Hm<sup>3</sup>, convértena na segunda ría, despois da de [[Ría de Arousa|Arousa]], en volume de auga.
 
A Ría de Vigo é unha das rías con máis produción mariña e de maior calidade no mundo. Isto é porque os ventos nórdicos arrastran no verán as augas superficiais quentes permitindo o [[afloramento (oceanografía)|afloramento]] das frías, ricas en nutrintes. Debido á súa temperatura, esas augas non forman nubes, o que provoca a falta de chuvia no verán.